Festín de avelaíñas

Esto es una historia que hice para un concurso de microrelatos en gallego del instituto. Gané, asi que la dejo por aquí. Esta en gallego si.

Festín de avelaíñas


Nun pasado, o rei Roi gobernaba con poder e maxestade dende o seu castelo, unha figura que reflectía o impoñente que era sobre os campos dourados que o rodeaban. Pero co tempo, a gloria do rei desvaneceuse por a la mala economía e o opresivo que se volveu o reino, a xente comezou a perder o respecto pola nobreza, e máis, polo rei Roi.

O mesmo castelo que anos atrás estaba cheo de vida e alegría, agora non é máis que unha estrutura escura e chea de sombras misteriosas. Nel vivían os dous denigrados reis, o herdeiro ao trono chamado Breogán, súa irmá a princesa Celtia e algúns nobres máis.

O rei encontrábase só no seu apousento, sentado e mirando pola fiestra a noite pechada, coa mirada perdida. Pola fiestra asomouse unha pequena avelaíña a cal o rei mirou con asco antes de acabar coa súa pequena vida.

Mirando coma a avelaíña se retorcía da dor pensaba en coma poderían ter sido as cousas se non tomara aquelas decisión que lle arruinaron a vida por completo. Cun ataque de rabia percorría a sala con coraxe, dando golpes nas pareces e sacudidas ós estantes.

Na desesperación por restaurar o poder do reino, o rei buscou aliarse con forzas escuras. Roi decidiu invocar un señor escuro, un demo. Un ser malvado que lle suxeriu un pacto. “Cada noite de lúa chea serame sacrificado un portador desta sangue real a cambio de poder e riqueza” Díxolle o demo a Roi.

O nobre, cegado pola sed de poder, traizoou a súa propia sangue. Seu fillo, o herdeiro ó trono, desapareceu misteriosamente unha noite de lúa chea. A garda real buscou por todas partes sen éxito nesta cruzada.

Mentres estes estaban ocupados, o rei baixou aos calabozos e asomándose a un deles, no máis afastado da luz que había albiscou a abominación na que se transformou o seu fillo, unha mestura grotesca de gran tamaño entre un humano e unha avelaíña.

O rei soubo que se trataba do seu fillo porque aínda colgaba do seu pescozo o colgante que sempre levaba posto, un colgante que reflectía a esencia da familia real. Inclusive na escuridade podía ver coma este ser inhumano chegou a esbozar unha bágoa, a cal se lle contaxiou.

A tristeza duroulle uns intres, polo menos ata que pensou que o feito de que seu fillo desaparecera faría que se falase máis da familia real, polo tanto o rei comezaría a recuperar a fama que tanto ansiaba a costo da morte dunha persoa inocente.

Sen remordemento, subiu as escaleiras deixando desaparecer de novo na penumbra ao que antano amou coma seu fillo.

Uns días despois comezouse a falar moito da desaparición do herdeiro ao trono. Roi ao decatarse de que a súa influencia incrementaba non o pensou dúas veces e foi sacrificando cada noite de lúa chea aos integrantes da súa familia.

A seguinte foi a raíña, Xoana, quen desapareceu a noite do seu aniversario de vodas. A ollos de Celtia, seu pai parecía preocupado e triste, pero na realidade non podería estar máis satisfeito. Este home estaba cegado pola avaricia.

Frente á desaparición dos membros da súa familia, Celtia comezou a sospeitar da culpabilidade do seu pai. Esa mesma noite, na cea familiar Celtia confrontouno e logo de ter unha acalorada discusión, o rei dou fin a esa conversa levantándose da mesa dicindo: “Esta noite hai lúa chea, boas noites Celtia”.

Na madrugada, Celtia percorreu o castelo en busca dunha resposta chegando aos calabozos onde finalmente descubriu o segredo que o seu pai estivo ocultando durante meses. Uns seres atroces nos que destacaba un polo importante colgante que levaba, o que Celtia recoñeceu inmediatamente, era o que sempre levaba seu irmán. No momento no que Celtia comezou a decatarse do que ocorría, unha figura sombría xurdiu tras dela. “Nos xa ceamos, pero eles aínda teñen fame, non quererás deixar a túa familia sen comer. Verdade, Celtia?”. Dito isto arroxou a súa filla, a última dos seus familiares que quedaba as fauces desas bestas as que nalgún momento chamou familia.

Mentres escoitaba os sons do festín das avelaíñas subiu aos seus apousentos e observou como a lúa chea estaba a piques de desaparecer tralo horizonte marcando o seu triunfo

“Fermosa noite, non si?” O rei xirouse para contemplar a impoñente figura cun sorriso na faz do demo, o mesmo demo co que meses atrás fixera aquel pacto atroz. O demo non espera para dicirlle:

- Lembras o noso pacto? Cada noite de lúa chea serame sacrificado un portador desta sangue real.

- Pero non queda ninguén, están todos mortos! Xa non queda persoa ningunha neses corpos, só son monstros sen alma.

- Tes razón Roi, están todos mortos, todos menos ti.

Con estas palabras na boca, o señor das avelaíñas transformou ao incrédulo rei na maior das abominacións creadas a partir deste acordo.

O demo soltou a todas as súas creacións as cales se dirixiron cara a gran fonte de luz que se alzaba no horizonte. “Que bonita reunión familiar” Mencionou o demo con satisfacción no rostro.



0 Kudos

Comments

Displaying 0 of 0 comments ( View all | Add Comment )